martes, 31 de agosto de 2117


Benvidos ó blog oficial do

Club deportivo Torres de Altamira


O teu club!




Índice do Blog:




Actualmente contamos coas seguintes modalidades deportivas:

Modalidade deportiva
Web Facebook Pinterest Federación

enlace
enlace



enlace


enlace
...







Se estades interesados en organizar algunha actividade deportiva podedes poñervos en contacto con nós mediante o noso correo electrónico:


luns, 2 de outubro de 2017

Fútbol sala: Organización dos equipos

Este venres cinco de outubro conclúe o prazo para inscribir os equipos na liga de fútbol sala de Santiago.

Por que participar na liga de fútbol sala de Santiago?
  • A liga de fúbol sala de Santiago é unha oportunidade para que os nenos e nenas que lles guste o fútbol sala xoguen partidos dun xeito regular, o cal en sí é divertido para eles e ademáis os axuda a mellorar nas súas habilidades técnicas e tácticas.
  • É unha liga cómoda xa que respecta as vacacións escolares, se xoga en Santiago e a experiencia que temos é de que non é necesario comprometerse a xogar todas as fins de semana.
  • Levamos dous anos organizando os equipos e a experiencia é moi positiva, tanto para os nenos e nenas coma para os pais. 
  • Os equipos están organizados polos pais. Agradecemos a participación de todos os que queirades e poidades colaborar.

Enlace para inscribir novos xogadores/as:






xoves, 31 de agosto de 2017

Inscricións abertas tempada 2017/2018

Está aberto o prazo para que vos apuntedes ás actividades deportivas ofrecidas polo noso club.

Podedes aceder a máis información e ós formularios de inscrición nas seguintes ligazóns:









Se estades interesados en organizar algunha actividade deportiva podedes poñervos en contacto con nós mediante o noso correo electrónico:





mércores, 30 de agosto de 2017

O Club deportivo Torres de Altamira

Un grupo de nais e pais de Brión pensamos que sería positivo crear un club deportivo no concello formado e xestionado polas propias familias de Brión.


O obxectivo do club é a de promover o deporte -principalmente en idade escolar- en colaboración co Concello, o colexio, o instituto e as súas respectivas ANPA.
En canto ás escolas deportivas, o club pretende levar a cabo accións dirixidas a concienciar ós pais dos beneficios de practicar deporte, animalos a que inscriban ós seus fillos nas escolas deportivas existentes e coordinar a creación de novas escolas deportivas por parte do Concello.
Non é intención do club a xestión de escolas deportivas, inda que se podería valorar se fose necesario.


Este tipo de accións poden consistir -por exemplo- en invitar a alguén con experiencia en deporte escolar a dar unha charla, ou falar con clubs do entorno de distintas modalidades deportivas e organizar unha xornada do deporte, ou elaborar unha enquisa para coñecer os intereses deportivos dos nenos e nenas do concello, etc…


En canto á creación de novas escolas deportivas temos a experiencia do curso 2015/2016, no que se iniciou a escola deportiva de hóckey a patíns que actualmente ten un grande éxito de participación.


Por qué un club deportivo?


O deporte en idade escolar pódese desenvolver a través de escolas deportivas -onde o deportista iníciase e coñece nunha disciplina deportiva- ou mediante un club deportivo -onde se engade a dimensión da competición- que nestas idades se centra máis na adquisición de valores, actitudes e destrezas que nos resultados.
Os nenos e nenas que se inician nunha actividade deportiva e queren progresar na mesma, precisan dun club para poder federarse e participar nas competicións organizadas polas distintas federacións e organismos oficiais.


Como club deportivo pretendemos dar cobertura ós deportistas e equipos que o precisen mediante a creación de seccións dentro do club, evitando a necesidade de crear un club propio para cada disciplina deportiva.
Estas seccións estarán xestionadas polas propias familias dos deportistas.
Como exemplo esta tempada e a anterior, coa colaboración do Concello e o equipo deportivo Brión Futsal, dous equipos de fútbol sala base participaron na competición federada que organiza a Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela. A participación na competición foi xestionada polas propias familias dos nenos e nenas.

A través do club os deportistas poderán participar en competicións oficiais nas modalidades deportivas que estean recollidas nos estatutos do club. Por exemplo: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, beisbol, campo a través, ciclismo, duathlón, fútbol sala, hóckey, judo, natación, pádel, patinaxe, rugby, tenis de mesa, tiro con arco, triatlón, voleivol, xadrez, ximnasia, etc...

O TEU CLUB
ANIMÁDEVOS A COLABORAR